Musical
O MEU LIBRO contempla as amplas posibilidades do formato libro, pois non só se transmite polas palabras, senón tamén pola música. Se te dedicas ás artes musicais de seguro que precisarás dunha editorial completa, que conte con profesionais coñecedores do teu ámbito, para transcribir esas partituras e composicións que desexas compartir. Só terás que enviarnos a túa obra e nós encargarémonos de adaptala ao formato que máis se axeite para que poida ser compartida.
Masterizado e edición
Se as túas inquedanzas musicais van máis alá, se eres compositor ou se contas con dotes vocais ou instrumentais, dispoñemos dun apartado específico para a edición de cd´s musicais. Podemos editar a túa maqueta ou desprazarnos ata o teu local de ensaio para realizar gravacións.
Realizamos o masterizado, así como a edición final do material musical. O persoal de deseño encargarase do deseño; a portada, o libreto e a carátula sendo totalmente personalizados acadando deste xeito un acabado profesional.
Para enviar a túa obra, fai click aquí.
