Formulario de Contacto
Para solicitar un presuposto estimativo ou determinar a viabilidade da túa obra, por favor cubre o seguinte formulario indicando as características do libro que desexas publicar.
Se tes claras as especificacións sobre o teu libro, indícanos o número de exemplares que desexas imprimir, o formato (ancho x alto en cm.), a lonxitude da obra (número de páxinas en word), se ten ilustracións ou fotografías e se a edición será a cor ou en branco e negro, para que o presuposto sexa o máis preciso posible.
Pero se o único do que tes certeza é de que queres crear un libro, só terás que indicarnos os teus datos e poñerémonos en contacto contigo para estimar cales son as túas necesidades na consecución do teu proxecto literario; de maneira que os nosos profesionais se encarguen de aspectos tales como entrevistas, documentación, fotografía ou redacción, entre outros.
Neste mesmo apartado tamén poderás solicitar máis información ou solventar todas aquelas dúbidas sobre as posibilidades editoriais que che ofrece O MEU LIBRO.