Libro de imaxes
Os libros son dende sempre os encargados de albergar historias, recordos e relatos que, a través das palabras permiten a súa perdurabilidade no tempo, dotando ás obras de vida propia.
Rivalizando coas imaxes, é en realidade a combinación de palabras e ilustración o que dota de máxima elocuencia a calquera relato, distinguindo así os libros de imaxe dos álbumes fotográficos.
Non son álbumes, son historias en libros de imaxes
En O MEU LIBRO somos coñecedores do valor dunha imaxe e da necesidade de palabras que puntúen a realidade mostrada. Por iso, entre os xéneros da nosa editorial atópase a elaboración de libros de imaxes (históricos -referidos a un Concello/parroquia-, familiar, empresarial, deportivo, institucional, etc), un xénero novidoso que, pese a basarse en fotografías, dista con creces dos álbumes.
Trátase de recompilacións fotográficas que seguen unha disposición similar á de calquera relato, para dotar ao libro da expresividade das historias literarias, pois incluso poderán acompañarse de textos que identifiquen a escena ante o lector.
Adaptación das imaxes
Proporcionamos un completo servizo de deseño, fotografía e tratamento de imaxes, así como unha ampla variedade de formatos, calidades de papel, encadernacións, etc, para que o resultado da túa obra se distinga pola súa expresividade.
Para enviar a túa obra, fai click aquí.
