Investigación/Tese
Entre os ámbitos que se manteñen máis fieis ao formato papel para transmitir e compartir a aprendizaxe atópase a docencia e a ensinanza.
Por iso, en O MEU LIBRO dispoñemos dun apartado especial para a edición de teses e obras de investigación que permitan a outros profesionais, e mesmo estudantes, adquirir novos coñecementos.
Investigación
Entre os servizos de O MEU LIBRO atópase a publicación de recompilacións, traballos ou investigacións dun ámbito concreto (medio ambiente, político, científico...) para ser compartidas con outros profesionais do sector ou mesmo para distribuír no entorno académico.
Proporcionándonos a documentación e o apoio gráfico (fotografías, estadísticas, ilustracións...) no que se recollen esas investigacións e traballos de campo, converteremos os teus apuntamentos en todo un libro listo para compartir.
Tese
A elaboración dunha tese require de traballo e constancia para demostrar a valía profesional. Por iso, resulta igual de importante a forma como o contido do documento que presentas ante o tribunal que o evaluará.
En O MEU LIBRO proporcionámosche formatos cómodos e atractivos, con deseños personalizados, para que a apariencia da túa tese teña esa mesma profesionalidade que queres demostrar.
Para enviar a túa obra, fai click aquí.
