Familiar
As árbores xenealóxicas de todo un apelido configuran infinidade de historias tan reais como interesantes, capaces de rivalizar coa mellor das novelas.
Recoller toda a documentación referida a unha familia, as vivencias e recordos dos seus membros, as súas glorias e peculiaridades permite aos libros familiares erguerse como a mellor herdanza para transmitir xeración tras xeración. Que mellor que unha obra literaria para dar a coñecer as orixes da túa familia, para intensificar o sentimento de pertenza e as ganas de proclamar con orgullo un nome propio cheo de historias e recordos únicos.
Obras personalizadas
Se tes claro como queres desenrolar este especial proxecto, só terás que proporcionarnos toda esa información e documentación que desexas recompilar no teu libro familiar. Poderás seguir de preto a evolución da obra nos distintos procesos ata a súa impresión. O noso equipo de profesionais encargarase de que o resultado final se adecúe á idea que nos transmitiches para que o teu libro familiar sexa único e persoal.
Redactamos e elaboramos o teu libro familiar
Pola contra, se non sabes como avanzar na publicación, o noso equipo de profesionais encargarase de todo o necesario, proporcionándoche todas as facilidades para a súa creación. Dispoñemos dun equipo de persoas para a redacción dos textos, que estarán en contacto contigo e coas persoas que nos indiques para a recopilación de toda a documentación (avós, pais, netos, casamentos, empresas da familia, deporte, traballo, aficións, festas, etc.) e unha ampla selección de fotografías que acompañarán ás referencias escritas ao longo do libro.
Todo isto acadarémolo grazas a distintas reunións cos familiares que nos indiques para convertir a vida da túa familia nunha obra, unha testemuña fiel do percorrido de todo un apelido, do teu apelido.
Non terás que preocuparte de nada, en O MEU LIBRO encargámonos de todo, textos, fotografías, deseño e composición do libro ata a entrega final na túa casa.
Para enviar a túa obra, fai click aquí.
