Edición dixital
A comodidade que proporcionan as novas tecnoloxías permitiu mudar o papel a formatos dixitais nos que, con apariencia de libro, podemos ler obras completas nunha única pantalla.
Se eres un deses autores que non se acomodan e buscas atraer un maior público ou preservar a túa obra como todo un recordo, en O MEU LIBRO dispoñemos dun servizo especial para editar, cos últimos avances dixitais, os teus libros.
A túa obra, con independecia do xénero do que se trate, será adaptada para que poida ser lida e transmitida a través de internet ou en cd.
Coidaremos ao máximo detalle tanto a accesibilidade coma o deseño, personalizando cada obra para que o teu libro sexa a túa mellor presentación.
Para enviar a túa obra, fai click aquí.
